Tal e como estaba previsto, o día 26 de Nadal, ás 18 h.,
comezaban na Igrexa Vella de Xinzo de Limia os ritos iniciais
da Celebración de Apertura da Porta da Misericordia con motivo do Ano Xubilar.
Moitos fieis das distintas parroquias da Limia agardaron a chegada das autoridades, tanto locais como de outros concellos da zona, e a do Sr. Bispo, D. Leonardo. Pasadas as 18:00 daba comezo a celebración presidida polo Sr. Obispo, varios sacerdotes da Comarca e o Rector do Santuario dos Miragres, D. José Manuel. Despois do saúdo do Sr. Bispo, o diacono Yerai proclamou o Evanxeo da Misericordia e o arcipreste, D. Tomás, leeu o comenzo da Bula da Convocatoria do Ano Xubilar. A continuación organizouse a procesión que nos ia levar ata a Igrexa Nova de Xinzo de Limia onde o Sr. Bispo abriu a Porta da Misericordia.
Despois dos ritos Bautismais celebrouse a Eucaristía concelebrada por algúns sacerdotes da Limia e na que se contou coa colaboración da Coral Santa Mariña. O Sr. Bispo, na homilía, convidounos a que en todas as familias se lese a Palabra de Deus neste Ano Xubilar e acudir con frecuencia ao sacramento da Penitencia. Tamén nos dixo que deberíamos recordar, ou aprender de novo, as Obras de Misericordia para poñelas en práctica. Coincidindo coa celebración da Festa da Sagrada Familia invitounos a ser como Ela «testemuñas da Esperanza». Ao rematar a Celebración, a Coral Santa Mariña ofreceunos un pequeno Concerto de Panxoliñas a todos os presentes.